Teléfonos

+34 986 620 053

+34 690 017 037

 

Séguenos

Taberna O Lagar en Eiras
1988 - 2013

O próximo 10 de Xuño cumprimos 25 anos, e queremos celebralo con vós. Así que a partir das oito e media da tarde estaremos agardándote para tomar un viño e, como é de lei nunha Taberna, acompañado de sólido. Máis tarde, a iso da dez e media, petiscaremos algunha lambonada, que nesta casa somos moi gholosas\os. A idea é pasar un tempo xuntos para celebrar este cuarto de século.

Imos por unha entrada de 15€, que recadará a Cruz Vermella do Baixo Miño, pois todo o recadado será integro para eles, e destinado a fins socias. Queremos pasalo ben sen esquecernos de ninguén.

Se te animas a acompañarnos, por motivos de aforo e previsións é necesario que nolo comuniques con antelación, mediante correo electrónico a lagareiras@lagareiras.com ou nos teléfonos 986 620 053 – 690 017 037.

Gracias por o voso apoio durante estes anos, vémonos

25 Aniversario