Lagareiras e a xuntanza de O Lagar en Eiras

Unha Taberna que anunciaba a sua apertura deste xeito no ano 1988  

Situada entre Tui e A Guarda, no concello de O Rosal.

Moi perto de Goián (Concello de Tomiño) e da súa ponte internacional que se comunica con Vilanova de Cerveira.

 En concreto na parroquia de Eiras (San Bartolomeu).

 Un lugar onde atoparas un dous nun, pois na súa función do mediodía (de 13:30 a 15:30) podes desgustar unha boa escolma de platos e na súa función da noite (de 20:00 a 23:30) outra boa escolma de tapas. Ou o que e o mesmo, tes un Restaurante o mediodía e unha Taperia a noite.

Todo aquí, no Baixo Miño, onde o Río desafoga no Mar Atlántico

 onde o Viño Albariño pula dar o mellor de si, onde a terra ten nome e arrencedo de Rosal, onde se non estivestes non podes demorarte mais en coñecelo.

E dende o outeiro do Monte Tegra a da súa citania celta gozar das mellores vistas de Galicia

 ou polo menos de unha das mellores.

Tomate unha boa Lamprea no seu tempo, un Sabalo ou aínda un Salmón se e que o atopas, tómalle unha carne do nosa Val do Rosal, bébelle un Rías Baixas Branco ou Tinto pois temos de todo, unha rosca de xema ou uns Mirabeles, e remátalle con un Licor, por exemplo un Cilantro, iso si todo con moderación, e disfruta, énchenos coa túa ledicia.

Poderiamos seguir, mais xa seria exceso, e preferimos tamén que o descubras sen que te conten todo.

Non te demores máis