A Taberna

A Taberna Lagareiras foi noutro tempo unha casa de Labregos Galego-Portugueses,  a casa da María da Morghada  mais o Tío Francisco. Galega ela i Portugués el, pois o Miño tanto separa como une.

 Logho o tempo pasou  i a vida tamén, e a casa como tantas quedou valeira, a espera de nova sabia.

E no ano oitenta e sete, nunha Ourensá rúa dos viños, dous Minhotos, Berto e Miguel deron en pensar que se querían facer Taberneiros.

Berto e Miguel, eran outros tempos

Co máximo respeto e poucos cartos montouse “ unha tasca diferente”, así se anunciaba no ano oitenta oito a súa apertura. Coñecementos os mínimos, por non dicir ningún e ilusión a máxima. Poida que ela, a ilusión, sexa a responsable de seguir aquí e de contar con unha clientela amplía e agarimosa. Comezamos con tapas sinxelas, Queixo do pais, un bo Xamón, algunha Tortilla. E pouco a pouco fomos abrindo as portas da despensa e do coñecemento, i foron entrando mais e mais tapas, que hoxe son indispensables na nosa carta, como as Filloas de caldo recheas de verduras, os Salpicóns de Cabracho, o Escabeche de Bonito, as Cantarelas con Tetilla, o Parrulo a modo de Lombiños ou a Espetada de Porco Ibérico, entre moitas outras.

O local tamén sufriu variadas reformas, pois comezamos dende o mais sinxelo. Hoxe contamos con tres pequenos comedores, unha galería, o  comedor interior e a terraza que se pode disfrutar de ela no Verán.

Dende aquel ano de mil novecentos oitenta e oito prestáronos moitas mans, mans que agradecemos infinito, sen elas a historia o mellor só era iso, historia, e non presente como hoxe é. Gracias unha vez mais a todas elas, as pasadas, as presentas e as que agardamos están por vir.

E aquí seguimos, tentando renovar a ilusión cada día, facendo as cousas honradamente como e tradición no noso Pobo, e loitando por sentir orgullo do traballo feito.

So resta dicir que agardamos por a vosa visita, pois sodes os que facedes que Lagareiras sexa unha realidade. Gracias por o voso apollo, e o voso entendemento cando as cousas non saen como queremos.

 

INICIO